Bienvenidos / Benvidos

Benvidos

Esta é a páxina oficial do grupo musical Alma Latina, sexteto da Mariña Lucense e Occidente de Asturias.

Amenizamos festas populares, vodas, ceas e todo tipo de celebracións lúdicas, interpretando melodías de baile con temas de sempre e de actualidade. Abarcamos música cantada e instrumental para todo tipo de público e idades. Acompañamos procesións relixiosas.

Durante a xa longa historia de Alma Latina temos actuado en todo tipo de eventos, chegando incluso a participar en exitosos programas televisivos como "Luar", da Televisión de Galicia; “Aquí Portugal”, da Televisión de Portugal; e en galas internacionais coma a Festa da Queimada do Centro Galego de Basilea (Suiza).

Camión - Escenario

Escenario propio

 

Dispoñemos de escenario móbil propio con 13 mts. de fronte, 5 mts. de fondo, e 9 mts. de altura. É posibel non estender lateralmente todo o escenario e deixalo con 11,5 mts. de fronte, e incluso con só 8 mts.

Audio - Iluminación

Son - Iluminación

Contamos con un potente equipo de son Unka Array Sound System de 18.000 watios que asegura a mellor calidade en calquer contexto.

O noso equipo de iluminación inclúe os máis modernos sistemas de luces e robótica por técnica de led´s.

Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)

Contratacións

Se desexa contratar os nosos servizos, pode facelo chamándonos ao número